O tan renomeado día 11 do 11 do 2.011 foi o día de San Martiño e como lembra o refraneiro, os peóns saen ao camiño. No noso caso, as gaivotas, quedamos coas gañas de botar os nosos peóns a danzar no patio do cole xunto coas nosas familias. O certo é que o tempo xogounos unha mala pasada e esperamos que, un día destes, poidamos disfrutar co resto dos compañeiros dun fermoso "Día do peón". Nembargantes na clase celebrámolo como se tal: ensinando cadanseu peón (algúns ultramodernos), facendo a nosa exposición e decorando unha ficha conmemorativa.
Aquí nos tedes e... amosaremos a segunda entrega, "un día destes".
No hay comentarios:
Publicar un comentario