Xa se achega este fermoso tempo de Nadal e durante a semana comezou a aflorar o espíritu navideño nas aulas de infantil do noso cole. Gran parte disto acontece gracias a vós, familias, e á vosa implicación nos pequenos "apuros" nos que vos metemos as mestras. Todos poidemos disfrutar dos fermosos adornos que nos enviáchedes pero sobre todo valoramos o traballo que os nosos nenos e nenas fixeron a canda vós. Notouse que o disfrutaron e desexamos que a pesares do traballiño que vos fixemos pasar disfrutásedes dun intre agradable "en familia". Milleiras de GRAZAS e a seguir preparándonos para VIVIR un BO NADAL. Para verdes ás Gaivotas cos seus adornos pinchade aqui.
No hay comentarios:
Publicar un comentario