ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 11 de marzo de 2012

DE EXCURSIÓN AO TEIXO DE PONTEDEUME

O venres todos os nenos de E. Infantil fomos de excursión a ver o teixo do paseo marítimo de Pontedeume, a razón desta visita ten que ver coa conmemoración do día da muller traballadora. O concello propuxo a todos os coles de Pontedeume facer traballos sobre unha muller galega. O noso cole escolleu a Emilia Pardo Bazán e investigando, investigando enterámosnos de que en varias ocasións veu a Pontedeume e se reunía cos seus amigos nesta árbore. Así que.... alá fomos!!!! Durante o paseo aproveitamos tamén para ir observando outras cousas, pero sobre todo interesounos moito o traballo dos mariscadores que estaban na ría collendo ameixas.
Logo, para coller forzas tomamos a merenda e fixemos unha parada no parque.
A verdade e que foi unha saída moi interesante e na que os peques disfrutaron moito!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario