ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 22 de mayo de 2012

GALICIA, NA MÚSICA E NO CORAZÓN.

Hoxe gatiños e gaivotas (aproveitando que estamos a coñecer Galicia) poidemos disfrutar das explicacións duns profes moi especiais: Mabel, Isa, Mateo, Juancho e Dani, familias dos nosos compañeiros Óscar, Sabela e Aroa. Estiveron con nos para amosarnos moi de preto como é o traxe rexional galego, os instrumentos propios da nosa terra e o baile polo que somos máis coñecidos, a muiñeira. Deixáronnos a todos abraiados e case sen palpebrexar coa súa maravillosa explicación e o seu entusiasmo. Pero o importante é que aprendimos moitísimo: partes do traxe, de que están feitos os instrumentos, as súas partes e ata a súa procedencia, os pasos da muiñeira... GRACIÑAS DE CORAZÓN POLO VOSO TEMPO E AS VOSAS ENSINANZAS. Seguro que para moitos peques seredes un estímulo no interese por aprender a danzar, a tocar ou a cantar o folclore galego.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario