Gatiños e gaivotas, o mesmo que o resto do cole, tivemos un luns moi atarefado. Chegamos gozosos con todo o necesario para facer o noso maio: fiuncho, laranxas, hedra, tuia, ovos... e flores diversas. Moi ben organizados deseñamos o noso maio: nas aulas engarzamos os adobíos, as profes montaban a estructura, observamos e estudamos o maio xa feito e desfilamos polo corredor do cole (pois a choiva non nos deixou facelo no patio). Todos disfrutamos un montón das cantigas e da arte de tódolos nosos compañeiros. O noso traballo amosámolo e disfrutámolo o martes 1º de maio no desfile pola vila.
Grazas a tod@s pola vosa aportación e a vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario