Nestas dúas últimas semanas traballamos moito coas nosas plantas. Transplantámolas a un pequeno horto que, coa axuda de Diego o conserxe do cole, creamos no xardín. Gatiños e gaivotas estamos entusiasmados e tódolos días lembramos regar as nosas plantas, sobre todo con este calor abafante que nos veu. Ademais Peixiños, Golfiños e Xirafiñas sementaron margaridas, cabazas e tajetes. E... ás nosas mestras, como non paran, ocorreuselles crear unha pequena fraga con fieitos, hedras, acibros e outras especies dos seus xardíns. Veremos a onde chega isto!. Mentres, disfrutade véndonos como pequenos agricultores.


No hay comentarios:
Publicar un comentario