Hoxe celebramos o aniversario do último xirasol que faltaba por unirse ao clube dos 3 aniños. Foi o noso compañeiro Miguel que nos trouxo unha mega-super-xigante torta de chocolate. Está "delicius"!, dixemos todos. E como non podemos dicir "mans á obra" dicimos "culler á torta". Aquí nos tedes poñéndonos coma "pepes". Grazas familia de Miguel e que o noso pequecho siga a cumprir motíííísimos máis!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario