Bueno, bueno... exactamente non foi así pero... é que onte, á clase dos Xirasoles, chegou un novo alumno. Chámase Santi e onte dímoslle unha agarimosa benvida. Presentámonos, ensinámoslle a clase e invitámolo a compartir connosco a parva, o recreo, momentos de conversa e ata un pequeno traballiño. Os teus compañeiros e a profe desexamos que te atopes a gusto entre nós, faremos o posible para que así sexa. Verás que ben o pasamos xuntos e canto aprendemos!. Benvido á clase dos Xirasoles!!.
Moitas grazas pola vosa benvida. Santi está moi contento co novo cole e cos compañeiros. E seguro que pronto fará novos amigos entre eles. Grazas a todos!!!!
ResponderEliminarAlégranos saber que Santi se atopa contento entre nós. O venres algún compi, xa antes de fichar, afirmou: "no vino el niño nuevo". Así que Santi esperámoste o luns. Recupérate axiña. Biquiñosdos teus compis e da profe. Dámaris.
Eliminar