Aquí estamos os xirasoles entusiasmados co Entroido que está a piques de chegar. Como vos contamos na comunicación enviada hoxe os peques de infantil iremos de APICULTORES, posto que este ano o tema elexido polo cole son "As profesións". Aquí vos deixamos unha idea do disfraz (hai moitas máis na rede). Tentamos que sexa algo sinxelo e que vos permita reutilizar materiais que teñades na casa (roupa blanca -chandal, pantalón..., luvas, e sombreiro ao que lle poidades incorporar un velo). Non é preciso polo tanto mercar nada pois ademais dentro duns días mandaremosvos os adornos feitos na clase para que llos poidades coser ao vestiario.
Como sempre grazas pola vosa colaboración e aquí estamos para calqueira dúbida. Empecemos a desfrutar desta tradición: o entroido!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario