ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 9 de febrero de 2013

APICULTORAS E APICULTORES, DAS COMPARSAS, OS MELLORES!!

Aquí estamos todos os apicultores...! dicía a nosa cantiga. Logo de moito ensaio e algunhas semaniñas de traballo onte poidemos amosar o guapísimos que iamos as nenas e nenos de infantil. A verdade é que saíu todo fenomenal: o desfile, o tempo, a cantiga e sobre todo os disfraces. Hai que ver o que traballastes as familias en tan fermosa caracterización!. Grazas, todos estaban realmente fermosos. Ademais os nosos peques merecen PARABENS especiais: aguantaron estoicamente a dura xornada e perfectamente atabiados. Son uns campeóns!.
Esperamos que disfrutarades da nosa alegría e para os que non poidechedes vivila en directo, aquí vos deixamos unha reportaxe que de seguro vos gustará.
E non esquezades que o xoves 14 podedes mandar aos peques disfrazados como queirades pois este dia remataremos a festa co enterro do entroido. GRAZAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario