ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 20 de abril de 2013

NO MES DO LIBRO OS XIRASOLES ESTREAMOS "O XARDÍN DO PASATEMPO"!


Onte os Xirasoles chegamos á casa moi cargados e ilusionados. Levábamos, aparte da mochila na que metemos a parva, a mochila coa que nos agasallou Güino (a mascota da Biblio do cole). Nesta mochila metimos o libro que escollimos no "Xardín do Pasatempo" (a Biblio do cole), có carnet de usuario por suposto!.
Xa aprendimos a coidar a estes "novos amigos", polo que firmamos un Compromiso que queremos compartir coa nosa familia e que tamén levamos para ensinarvos e ter visible na casa (para que non se nos esqueza). 





Axudádenos a mantelo desde a casa e como non... disfrutade connosco dun momento de lectura cada fin de semana.  

 


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario