ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 1 de mayo de 2013

CORAZÓNS DE MAIO!!


Onte os CORAZÓNS de tódolos peques de infantil e das súas familias vibraron coa preparación da Festa do Maio. Trouxemos ao cole todo o necesario para adobiar a nosa "estructura": planta verde e un sinfín de variadas flores. Pero... sobre todo as gañas de pasar un ratiño divertido coa preparación de grilandas para colocar no noso "maio". Ás bolboretas e aos xirasoles tocounos enfiar laranxas e aquí nos tedes na tarefa. Mentres as familias, axudábades no complicado. Vede o resultado porque foi o máis fermoso. MIL GRAZAS POLA VOSA AXUDA E DEDICACIÓN, POLAS GRANDES IDEAS E POLA PERFECCIÓN. Logo do traballo paseamos fachendosos o noso maio polo corredor do cole e cantando a nosa cantiga dimos a benvida á primavera.
Pero hoxe... seguimos disfrutando no desfile pola vila e outra vez MIL GRAZAS pola axuda de todos desde o cole ata a alameda. Cantamos xenial e estabamos estupendos. Lástima dun premio que valorase a labor destes pequechos! que con entusiasmo e ledicia poñen tantas gañas en participar desta tradición.
A volta foi do mellor, verdade?. Algúns querían lanzarse ao mar co maio e usar as calas de remos... Aínda non estaban moi esgotados, je, je, je... 

GRAZAS A TODOS POR ESTAS DÚAS XORNADAS!! 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario