Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica e o desexo de que tódolos días do ano vivamos EN PAZ e CON PAZ.
ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
domingo, 2 de febrero de 2014
"LOITANDO" POLA PAZ.
O pasado xoves celebramos no cole o "Día escolar pola paz e a non violencia". Este ano lembramos a figura de Nelson Mandela de xeito moi sinxelo: observamos o mural do corredor tentando comprender frases que el pronunciou ou escribíu, coñecimos o país no que naceu, vimos vídeos do continente africano, fixemos un traballiño conmemorativo... e coma tódolos anos o detalliño para celebrar este día que foi unha coroa coa pomba da paz e un retrato de Mandela. Pero o mellor foi a celebración conxunta con todo o cole. Premede na palabra POMBA e veredes o video oficial deste día.
Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica e o desexo de que tódolos días do ano vivamos EN PAZ e CON PAZ.
Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica e o desexo de que tódolos días do ano vivamos EN PAZ e CON PAZ.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario