Onte tivemos unha clase moi orixinal e na que reforzamos o aprendido ata agora sobre a boa alimentación. Visitounos Alicia a nai de Antón, compi da clase das Tartarugas que é dietista nutricionista. É dicir, sabe moi ben que alimentos coidan mellor o noso corpo e en que cantidades os necesitamos. Xuntos fomos construíndo unha divertida "pirámide", fixémoslle preguntas e clarexamos dúbidas. Grazas pola túa paciencia Alicia e por ensinarnos o importante que é unha correcta alimentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario