Como fixeramos o curso pasado, hai uns días fomos ver como participaban os maiores no cole nas eumeolimpíadas. Deunos tempo a ver un anaquiño do partido de basket e como algún de nós está aprendendo a xogar a este deporte, fíxonos moita ilusión. Tamén recibimos os mimos dalgúns dos nosos familiares e coñecidos. E coma sempre rematamos bailando con todos. Vede que estilo porque xa nos estamos preparando para dentro de catro aniños cando nos toque participar a nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario