ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 3 de mayo de 2014

"MAIO, MAIO".


O mércores, véspera do 1º de maio, foi un día moi atarefado nas nosas aulas. Coma en anos anteriores participamos na elaboración do noso maio. Repartimos o traballo e puxémonos mans á obra pero... non so nós. Contamos coa inestimable axuda das nosas familias: mamás, papás, avós... aos que lles queremos dar unhas GRAZAS EN MAIÚSCULA polo seu entusiasmo e dedicación neste fermoso traballo: por axudarnos a recoller as flores, mirtos, fiuncho..., por ser tan amables en amosarnos a evolución do maio e por facer que o noso traballo lucise tan fermoso.
Adornados coas nosas orixinais viseiras desfilamos polo corredor principal do cole e para rematar entoamos a nosa cantiga "Maio, maio". Foi un ensaio para o concurso dos Maios que se celebrou ao día seguinte na nosa vila. Mágoa que nel non tivesemos un maior recoñecemento ao traballo dos nosos pequenos!!. Grazas de novo ás familias que estivéchedes "ao pé do canón" este día festivo. Disfrutade destas fotos e clicade na palabra Maio para ver o traballo de todo o cole.


   



No hay comentarios:

Publicar un comentario