Esta semana os nenos e nenas de infantil tivemos a nosa excursión de fin de curso. Este ano tocounos visitar a Granxa escola de Belelle no concello de Neda, moi pretiño de nós. Foi moi emocionante porque tivemos que ir primeiro nun bus e logo nun microbús dado que o camiño se estreitaba e non cabía o bus grande. Logo repartirónnos en grupos e pintaron a nosa cara dun xeito e cor especiais. Pasámolo moi ben e aprendimos moito nos seis talleres nos que participamos: horta, pan, coñecemento de animais, alimentación de animais, limpeza e hixiene de cabalos e andadura en cabalo. Aquí nos tedes disfrutando deste día tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario