ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 2 de octubre de 2014

NUMERETE E... NUMERETA!

Desde os primeiros días do cole algún de nós xa os botabamos en falta. Falamos dos nosos amigos "estelares" Numerete e Numereta que desde hai dous anos nos veñen visitar de cando en vez. Por fin tivemos noticias súas e... que noticias!. Alá foron ao planeta dos sete mares e mirade que exótica se nos puxo Numereta con esta saia. Non fai falta aclarar que ámbolos dous nos deron a coñecer ao número 7.
Ah! Por certo, vedes que construiron unha nova nave, pois... tanto nos gustou que estamos empezando a traballar sobre o Universo. Así que familias esperamos que nos axudedes con coñecementos, libros, folletos, e toda a documentación que poidades. Grazas coma sempre pola vosa colaboración!



No hay comentarios:

Publicar un comentario