ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 16 de noviembre de 2014

DÍA DO PEÓN.


Como cada ano por esta data, 11 de novembro, celebramos no cole o Día do Peón e aínda que nesta ocasión non poidemos gozar da presencia das nosas familias por mor da choiva, os Xirasoles non quixemos deixar de conmemoralo... á nosa maneira. Logo de decorar a lámina preparada para a ocasión xuntámonos diante do mural adicado ao peón e que este ano se adornou con peóns feitos polos nenos de 1º e 2º de primaria. Cada un amosamos o noso peón, habíaos tradicionais e mecánicos pero ao final todos quixemos aprender como se baila un peón de verdade así que.... co Xirasol Mateo como mestre tentamos todos bailar o noso peón. Incluida a profe. Ao final concluimos que esto necesita de moita, moita, moitíííísima práctica. Algún de nós anda co peón na mochila e de seguro que para o vindeiro día do peón, xa en primaria, o bailará perfectamente. Verdade Hugo?.



No hay comentarios:

Publicar un comentario