Esta semana, os Xirasoles, celebramos no cole as festas do Samaín e do Magosto e coma sempre, disfrutámolas moito. Desde o deseño do portacastañas, pasando pola talla en familia das nosas cabazas, a explicación de Patrick (o auxiliar de conversa dos rapaces de primaria) sobre a celebración desta data en Inglaterra para chegar por fin á degustación do froito típico destas datas: a castaña. Para "chamar á fame" os nosos compis de 4º convidáronnos a bailar con eles un rap. Como molou!.
Grazas familias coma sempre pola vosa axuda, colaboración e participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario