ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 7 de diciembre de 2014

VISITA AO PLANETARIO.

Enmarcada dentro do Proxecto Universo, a principios deste mes de decembro: Elefantes, Dinosauros, Xirasoles e Bolboretas fomos de excursión ao planetario da Casa das Ciencias de A Coruña. Pasámolo en grande coa visión que nos deu do espacio a nosa amiga "Fugaz", unha estrela que, sobre a inmensa cúpula, nos amosaba as maravillas do noso ceo: por onde sae e se esconde o sol, por que aparece a lúa e as súas formas, as constelacións, os planetas, as estacións... Cousas que... como estivemos aprendendo tanto no cole, sabiamos case de rechupete. Logo, aínda nos deu tempo a experimentar cos obxectos que se expoñen nos outros andares desta "gran casa" e para rematar poidemos observar moi pretiño os pitiños que alí se crían. Que xeitosiños eran!. Aos Xirasoles quedáronlle gañas de voltar. Así que familias... este Nadal pode ser unha boa ocasión para... experimentar en familia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario