ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 8 de febrero de 2015

TOD@S SOMOS MALALA!

O pasado 30 de xaneiro celebrábamos con todos os compis o "Día escolar pola paz e a non violencia". Este ano quixemos lembrar xuntos a figura de Malala, xove muller loitadora polos dereitos das nenas no seu país, Pakistán. Reivindicou o dereito de toda nena a ir á escola e só por eso foi tiroteada polos talibáns. Sobrevivíu e foi merecedora do Premio Nobel da Paz no ano 2014. Unha adolescencia interesante que vale a pena coñecer. 
Gustounos moito aprender sobre esta nena e ata sabemos unha canción adicada a ela e un baile da súa terra. Veredes que chuli!.
E... aproveitando a frase que pronunciou na Asemblea Xeral das Nacións Unidas tamén quixemos plasmar nun lápiz o noso desexo de paz para completar o mural conxunto de todo o cole. Vede as fotos e lede a nosa fermosa mensaxe!.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario