ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 21 de marzo de 2015

BOLSIÑA DAS MATEMÁTICAS.

Hai uns días o noso xirasol Pipín que sempre se agocha na nosa caixa das sorpresas amosounos unha "sorpresa especial". A encargada do día apresurouse a apalpar para ver o que atopaba. As súas máns dicíanlle que aquelo parecían moedas de chocolate dentro dunha tea e... case, case acerta!. 
Sacou unha bolsiña con "damas" e "dados"!. Imos xogar ao parchís! dixo algún, ás damas! dixo outro... e despois de experimentar unha chea de tempo preguntámonos para que máis cousas poderiamos usar  aquelo. Un xirasol lanzou: para aprender a sumar ou restar, para contar!. 
Pois desde entón... manipulando, manipulando... estas sinxelas pezas estannos axudando no noso traballo de cálculo na aula. Esto foi o comezo, pero iremos engadindo materiais que nos axuden a cadaquén a escoller o sistema que máis nos guste no noso achegamento ás matemáticas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario