ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 23 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Esta é unha data forte no noso cole e este curso aínda máis. Contámosvos por que: 
Primeiro, na aula coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano Xosé Filgueira Valverde aprendendo unha poesía que falaba sobre o mes de maio, coñecendo o que é unha sinatura vendo a do autor e diferentes documentos que portan sinaturas e ideando a nosa propia sinatura que plasmamos na lámina correspondente. 











Despois, no salón de actos foron os compis de sexto os que nos presentaron visual e oralmente quen foi Xosé Filgueira Valverde. Todos estivemos moi atentos claro!.














Logo, tivemos o pracer de contar con un profe. Non é ningunha novidade, verdade?. Pero este é un mestre especial, Antón Cortizas, que traballou moito na recolleita daqueles xogos tradicionais aos que os nosos avós e avóas xogaban. Daquela si que tiñan imaxinación: cunha cana, cun cartón, con paus... podíanse facer brinquedos incríbles!. El encargouse de ensinárnolos e de animarnos a discurrir novos xoguetes a non apalancarnos coas novas tecnoloxías e a xogar ao aire libre. Foi o noso invitado especial porque tamén quixemos que fixera a presentación do libro "Xogos tradicionais de Pontedeume" froito da recolleita do alumnado e das súas familias xa hai anos. A portada foi deseñada por Juan José Rubio pai de dous alumnos do centro e quedou superchula. Xa temos un exemplar en cada aula e o orixinal no Xardín do Pasatempo!. Ao final poidemos disfrutar dos seus brinquedos e incluso conseguir un autógrafo seu. GRAZAS ANTÓN.




E despois do recreo chegou o momento do IV Certame de Poesía Couceiro Freijomil. As aulas de infantil participamos cunha poesía sobre os Números que nos saíu perfecta. Antón Cortizas foi o encargado de agasallarnos polo esforzo ao igual que aos compis do cole que participaron no Certame. Como non podía ser doutro xeito: libros para cada aula!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario