Un ano máis e xa o último para Xirasoles e Bolboretas implicámonos na realización do noso maio (un pouco nerviosos porque por fin nos tocou ser os porteadores do maio). Este ano foi do máis orixinal, con forma de boneca!. Ás clases de cinco anos tocounos adobiar a saia cunha grande grinalda de margaridas. Con moito tino de non mancarnos enfiamos as margaridas que luciron no maio. Coma sempre e superagradecidos damos mil grazas ás familias que nos axudaron aportando o verde, as flores e co seu traballo ese día no cole. O desfile no cole foi moi fermoso porque poidemos disfrutar do traballo de tódolos compis do cole. E... o 1º de maio, a pesares do tempo, conseguimos que o noso traballo se vise recompensado a canda o de todo o cole por parte do xurado, que tódolos anos avalía o noso esforzo. O Concello agasallounos cunha pequena aportación que segue a valorar o esforzo por manter esta tradición da nosa terra.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PRESENZA ESE DÍA PORQUE... GRACIAS A VÓS TODOS NOS SENTIMOS MOI ARROUPADOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario