PARABÉNS PARA INÉS, REEF E VÍCTOR!
Hai uns días celebremos os primeiros aniversarios no cole. Todos coreamos festa, festa, festa porque tivemos que facer os preparativos. Non podía ser doutro xeito: decoramos a coroa dos nosos compis, fixemos fotos, cantamos e sopramos as candeas. Despois veu o mellor... compartir a estupenda torta e os zumes!.
Parabéns pequerrechos e a seguir medrando!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario