Esta semana disfrutamos do primeiro traballiño do curso porque... foi moi elaborado!. Case ao remate do tempo de adaptación comenzamos a traer a parva pero días antes foi cando descubrimos o conto "Unha eiruga moi larpeira". Aquí o tedes para recordalo cos peques:
A partires deste conto decidimos deseñar o noso mantel porque así, cando temos dúbidas do que imos tomar a media mañá (e como logo da asemblea xa sabemos en que día estamos) podemos consultalo nel.
Tivemos que facelo en varias etapas pero... va que nos quedou chulo?.
Agora, logo de limpar as mans e coller as nosas bolsiñas, @ encargad@ reparte os manteis, sacamos a nosa parva, colocamos as bolsiñas na cadeira... e a recargar baterías. Bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario