ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 10 de enero de 2016

PROXECTO PANDA, EN ACCIÓN!


Hoxe os Pandas comezamos a amosarvos todo o que aprendimos no primeiro trimestre sobre o OSO PANDA, a mascota que escollimos para dar nome á nosa clase. Pasámolo moi ben, clarexamos dúbidas, respostamos as preguntas que nos prantexamos e coñecimos moitas curiosidades deste "amoroso" animaliño. 

Axudounos moito todo o material que trouxemos das nosas casas. 
Grazas familias por axudarnos a aprender. Compartide connosco esta entrada e xuntos afianzaremos os nosos coñecementos. 

DESEÑO DO NOSO PANDA. 
O panda Martín tróuxonos un boceto de cómo debuxar un panda e... puxémonos máns á obra. Primeiro as liñas máis doadas e logo complicouse un pouco máis pero... nada co que nós non poidamos!. Decidimos despois enchelo de algodón pero dun algodón especial, co que se enchen as almofadas. Para rematar demos cor ás partes negras con pincel e témpera negra e puxemos, logo de picar, os ollos, o nariz e a boca. Que tal nos quedou?.






Con esta actividade traballamos a atención, a planificación dun proceso, a identificación de formas, a proporcionalidade... Manexamos diferentes materiais (manipulación e sentidos), respectamos o espacio de traballo individual e cooperamos respectando o momento de traballo de cada compañeiro. Todos traballamos para un fin común, este:


ELABORACIÓN DO MAPA "OSO PANDA".
Para elaborar o noso mapa do "Oso Panda" pensamos no país dos pandas, China. Un país inmenso que tentamos plasmar nun gran recorte de papel contínuo amarelo. O mapa situámolo no centro e nel ao noso Panda. Deste panda saen os diferentes aspectos sobre os que fomos aprendendo acerca deste gran animal. Comezamos...

Coas aportacións de libros como o de Pablo, Amoná e Martín, os documentos de Lois e o documento-manualidade (consistente nunha mamá panda da que mama o seu cachorriño) que nos trouxo Roi, comezamos a elaboración da parte do mapa que trata sobre A FAMILIA.
Comprobamos que o oso panda ten "primos" un pouco diferentes a él ademais de coñecer como nace, se ten irmáns, canto tempo mama e... ata que non nace branco e negro senón rosadiño (descubrimento que nos fixo o panda Roi). 




Con esta actividade aprendimos novo vocabulario, comparamos-contrastamos diferentes tipos de osos, repasamos conceptos temporais, numerais... e achegámonos á formación de frases axudados de imaxes. Aquí está o resultado:





Para elaborar a parte do mapa que trata sobre O CORPO axudáronnos moito a grande cantidade de peluxes que trouxeron compis coma Paula, Marcos, Claudia, Sofía..., os debuxos de Hugo e Mayra, a carauta de Amoná, as fotos de Icía, Carla e Valentina, o puzle de Zaida e os contos de Anxo e Antía. Poidemos observar como é o corpo do oso panda, as partes do mesmo e as súas peculiaridades. Esta parte foi moi divertida e de moita experimentación pois comprobamos que utilizando o noso corpo, o dos compis e o dalgunha profe que pillamos por banda, poidemos achegarnos a imaxinar como é o corpo dun panda.











































Con esta actividade descubrimos: que hai obxectos que nos axudan a coñecer as características do que nos rodea porque a simple vista son moi difíciles de descubrir (a cinta métrica coa que descubrimos a medida do panda, a balanza coa que nos achegamos ao peso real dun panda sumando os pesos dalgúns de nós e dalgunha profe), achegámonos a operación matemática da suma, relacionamos o concepto de número e cantidade, descubrimos o significado de Panda "Gran oso gato" pola súa semellanza nos ollos aos do gato e a utilidade que teñen algunhas partes do seu corpo. Vede o resultado:



A COMIDA do panda descubrímola porque a nosa compi Aldara nos trouxo unhas ramiñas moi finiñas pero moi moi duras. Tratábase de bambú!. Tamén nos axudaron os libros de Víctor e Itai. 
Aínda que o panda pode comer outras cousas as follas de bambú son as súas preferidas e precisa moitísimo bambú para manter ese corpachón que ten. Nada máis e nada menos que 12 quilos ao día.













O certo é que o bambú é moi lixeiro en comparación con 1 quilo de peso polo que precisa moito moito bambú para manterse. Comprobámolo comparando o peso do bambú cun brik de leite que se aproximaba moito a 1 kilo de peso pois non tiñamos a man 1 quilo de azucre, por exemplo. 
Aquí temos a Valentina sostendo moi forte o brik e coma se nada o bambú.

















Coñecimos aquí unha nova planta e descubrimos que en Galicia non hai bosques de bambú como en China. Aquí o bambú úsase máis ben como planta decorativa de xardín.
(Aínda que se vos fixades subindo cara a Campolongo na primeira curva logo da urbanización Olmo e á man esquerda descubriredes varias árbores de bambú).
Nesta actividade tamén comparamos conceptos como moito e pouco ou pesado e lixeiro. 
Aquí tedes o noso anaquiño de mapa:


Os pandas son uns animais moi interesantes e cuns COSTUMES moi curiosos. Vede senón como nos axudaron as fotos de Julia para descubrilos.


Diferéncianse do resto dos osos en que non invernan (como nos bosques que habitan as temperaturas son suaves sempre atopan alimento e non necesitan durmir no inverno para non perder a enerxía que ese alimento lles proporciona), gústalles trepar ás polas máis altas e nadar, comen sentados e durante medio día ou sexa pasan 12 horas comendo, poden vivir ata 20 anos.




Nesta actividade coñecimos que non todos os osos fan o mesmo, descubrimos que o día ten 24 horas e que todo un calendario 20 veces é moito tempo.

Pero os pandas ao igual que outros animais do planeta están en perigo de extinción e polo tanto debemos COIDALOS. Na última parte do mapa colocamos os dous maiores problemas con que se atopan estes animais: a tala indiscriminada dos bosques de bambú (para transformar o terreo en pasto para criar outros animais) co que se esgota o seu alimento e que a mamá panda, como xa sabemos, só ten unha cría na maioría dos casos. 
Así, en moitos países e incluso en China, a protección desta especie estase a promover principalmente nos Parques Zoolóxicos.


Con esta parte do mapa descubrimos que todo o que nós facemos á natureza pode axudar ou danar aos habitantes da mesma: animais ou persoas.



E como REMATE GRÁFICO DESTE PROXECTO que mellor que solicitar a axuda da nosa compañeira da clase dos Ciclistas, Jinsheng. 


Non sabiamos que ela e a súa familia viñeran do país dos Pandas a vivir aquí e, xunto co seu pai, contounos moitas cousas deste gran país: como é a zona onde viven os pandas, como coidan aos pandas alí... E ata aprendimos a decir "OSO GATO" en chino, que é como alí chaman aos pandas porque... é máis doado que escribilo!. Mirade senón os ideogramas que se utilizan no alfabeto chinés. Tamén descubrimos como se escribe China e cal é a bandeira de China. 
Grazas a Jinsheng e ao seu papá pola súa presencia na aula dos Pandas e a súa paciencia ao ensinarnos tantas cousas.























3 comentarios:

  1. Vese que traballastes moito o tema, e OS nenos aprenderon moitas cousas novas.
    Grazas por amosarnos todo o traballi

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. O certo é que tod@s aprendimos moito, incluída a mestra e esperamos que vós, familias, tamén. Penso que o enriquecemento cultural mútuo fai que nos acheguemos máis uns aos outros. Saudiños.

    ResponderEliminar