ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 7 de febrero de 2016

OS TROGLODITAS DO COUCEIRO!



Por fin chegou o día e aquí estamos xunto con tod@s @s compis do cole!. Chegamos á clase e colocámonos a nosa diadema de óso, fixemos as fotos de rigor e collimos o noso óso-maraca. Xa estamos listos para o desfile: primeiro no cole para lucir diante d@s compañeir@s e despois no pavillón para deleitar ás familias coas nosas comparsas.

Para os Pandas foi o noso primeiro Entroido no cole, un día cheo de novidades no que non sabiamos para onde mirar: demais disfraces, familias, zancudos... Pero para tod@s moi divertido, aínda que un pouco esgotador. Menos mal que repuxemos forzas coas lambetadas de Entroido, das que dimos boa conta!.
Grazas familias polo voso interese, a vosa colaboración e o voso apoio na celebración desta tradición!. Esperamos que tod@s disfrutásedes da nosa comparsa e aquí vos deixamos a nosa reportaxe gráfica. 
Un recordo especial para @s Pandas que non poidestedes acompañarnos, botámosvos de menos e desexámosvos unha pronta recuperación. 
Lembrade que nos vemos o xoves disfrazados do que máis vos guste para celebrar... a queima do Entroido!. 
É que no Couceiro celebramos o Entroido de principio a fin!






No hay comentarios:

Publicar un comentario