ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 8 de junio de 2016

TINGUIMOS CARABEIS!

Dentro do Proxecto As plantas que estamos a rematar, hoxe tocou experimentar. Cadaquén trouxo o seu carabel branco e reunid@s na alfombra empezamos a... observar esta fermosa flor (recoñecendo as súas partes), preguntarnos de que planta procedería, onde estaría a súa raíz e como poderiamos facer para que cambiase a súa cor. Cada un deu a súa opinión e o certo foi que o que aprendimos servíunos de moito para respostar aos nosos interrogantes. No referente a como conseguiríamos cambiar de cor ao carabel houbo de todo: pintándolle os pétalos cun pincel, metendo a flor en pintura...
Foi nese momento cando a profe presentou o necesario para tal experimento: colorante alimenticio, auga, vasos e tesoiras. Despois de explicar que eran aqueles materiais necesitamos lembrar como se alimenta unha planta e sabendo esto pouco a pouco formulamos as nosas hipóteses de como podiamos cambiar a cor do noso carabel. Levounos un tempiño pero... se nos preguntades, encantados vos explicaremos o proceso.




Gozamos moitísimo con este experimento e... en dous días xa tiñamos así de tinguidas as nosas flores. Gracias familias pola vosa colaboración!.




 

 
 
 



 

 

 

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario