ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 14 de junio de 2016

EXCURSIÓN!. DESTINO: ALDEA NOVA!

Aquí estamos... nerviosos desde hai uns días!. Por fin imos ir en autobús!. O certo é que isto é o que máis ilusión nos fixo desde que soubemos que iamos ir de excursión no cole. Para esta primeira vez de excursión no cole de maiores eliximos Aldea Nova (granxa escola situada en Sedes-Narón). Menos mal que o tempo nos deu unha tregua e poidemos gozar, case ata o final do día, sen mollarnos. Como iamos todos os alumnos de infantil dividíronnos en grupos e ás veces non coincidimos cos compis de clase pero soubemos comportarnos de maravilla e os maiores coidaron moi ben de nós. Participamos en catro talleres e aprendimos moito en cada un deles: facemos pan, animais de granxa, paseo en poni e o mundo das abellas.
O primeiro foi identificarnos: etiquetas e pañoletas. Así os monitores saberían o noso nome e as profes tamén nos terían localizados pola cor das nosas pañoletas. Despois chegou o gran momento: subir ao autobús, abotoar os cintos, despedirse de mamá e papá e... arrincamos!.



Ao chegares alí presentáronnos aos monitores e como xa era hora da parva fixemos coma no cole. Logo dispuxémonos a aprender moito e a pasalo aínda mellor. Pola mañá estivemos en tres talleres: pan, abellas e animais de granxa. Amasamos o noso boliño e metémolo no forno, visitamos "a casa das abellas" (ben protexidos claro) e aprendimos moitas cousas destes insectos tan traballadores. Ademais probamos diferentes tipos de mel e tamén o pole (que recollen nas súas patiñas e que ten tantas vitaminas). Para rematar fixemos unha candea coa mesma cera coa que as abellas fan a súa casiña. A de cousas que nos dan estes pequenos animaliños!. Rematamos a mañá visitando e dando de comer ás: ovellas, vaca, burro, cabritiñas, porco, coellos...




Xa cansos e famentos, despois do duro traballo, recargamos baterías co xantar tan bo que nos prepararon as nosas familias. Hai que ver o ben que comimos, non dábamos un chío!. Para facer a dixestión os monitores organizáronnos xogos e presentáronnos o último taller: montar en poni.


Pero antes aprenderíamos a coidalo: peiteandoo e aprendendo a movernos con tino arredor deste anima. Mágoa que non teñamos apenas imaxes deste taller porque coincidíu cando as profes estaban xantando.





E... pouco máis temos que contar!. So ollade estas imaxes que amosan como gozamos da experiencia. Algún resistíu o día pero outros estabamos "rotos"!. O importante é que tod@s o pasamos FENOMENAL!.









No hay comentarios:

Publicar un comentario