ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 24 de junio de 2016

FELÍZ VERÁN!


24 APLAUSOS DE PANDA!. QUÉROVOS!. A VOSA MESTRA.


Parece que foi onte cando esperabamos na porta do cole para entrar cantando...

"Mira este tren,
que longo é,
sube a este tren,
pasarémolo moi ben".

Pero xa van alá dez meses. O tempo pasa nun suspiro e os Pandas medramos un montón, en altura, coñecementos e relacións. A vosa profe pasou un curso estupendo, leda e con gañas de vir ao cole cada mañá para encontrarmonos, compartir e avanzar xuntos. Gustaríame que este tamén teña sido o voso sentimento de cara ao cole. Se desde a miña aportación o logrei xa me sinto felíz.
Agora como deciades estes últimos días... "veñen as vacacións". Toca descansar despois do traballo ben feito porque vós... fixéchedelo estupendamente!. Sempre atentos, sempre compartindo experiencias, sempre axudando aos compis, sempre tentando ser bos compañeiros e sempre esforzándovos por mellorar. 

VÉMONOS EN SETEMBRO! como xa miramos no calendario e ata entón:

GOZADE DA PRAIA, DO CAMPO, DA CIDADE... PERO SOBRE TODO DE QUEN MÁIS VOS QUERE, DA VOSA FAMILIA. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario