ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 31 de octubre de 2016

O NOSO SAMAÍN!.


Esta semana rematou revivindo a antiga tradición celta do Samaín. Como todos os anos contamos coa axuda das nosas familias para aportar ás nosas aulas e ao cole unha cor especial: cabazas decoradas con moita imaxinación!. Primeiro e aproveitando a pouca luz do mencer, apagamos as luces da clase e prendimos as candeas que traían as nosas cabazas. Foi moi emocionante e soltamos un HUAU! misterioso. Despois explicamos aos compis o proceso de elaboración da nosa cabaza e en que ayudamos cada un de nós. Noraboa a tod@s os que fixestes desta actividade un traballo participativo cos vos@s fill@s!. Notábaselles moi orgullosos do traballo realizado.
Finalmente transportamos as cabazas ao corredor principal do cole e alí poidemos gozar do resto de cabazas que aportaron os demais compis. Ah! e tamén subimos ao andar de primaria. Gustóunos moito a súa exposición!.




No hay comentarios:

Publicar un comentario