ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 28 de octubre de 2016

SAIDA DE OUTONO.


Comezando o outono, os Pandas, fixemos a nosa primeira saída do curso. Para nós era unha excursión (aínda lembrábamos a do fin de curso pasado) pero esta vez iamos moi pretiño: a un bosque especial que se forma nas beiras do noso río. Pouquiño a pouco e pensando, pensando fomos deducindo que o río era... o Eume pero o nome dese bosque... custábanos un pouco. A profe deunos unha pista: tiñamos que pensar nos nosos apelidos e o de unha de nós... sería o nome dese bosque. Repasamos todos os nosos apelidos e atopámolo. Era... "A fraga" e non se nos vai esquecer porque ese Fraga tamén é o apelido da pandiña Icía. 
Iamos coñecer... AS FRAGAS DO EUME!.
Cestiños en man para traernos algún tesouro emprendimos a viaxe. O autobús deixounos na alameda e alí observamos o río Eume moi de preto. Levaba moita présa, tanta que formaba algunhas pequenas fervenzas porque ía en pendiente. Vimos os grandes álamos e as follas que xa perderan no chan. Recollimos algunhas e limos todos os carteis que atopamos (un de cor vermella avisábanos dun perigo.
Desde alí partíu o noso roteiro cara ao Centro de Interpretación e á Xunqueira de Abaixo. En ringleira e moi atentos ao noso arredor disfrutamos das árbores (castiñeiro, carballo, piñeiro...), prantas (fungos, fentos, cogumelos...), animaliños (teupas, miñocas...) e sons de As Fragas (paxariños, o río...)
Fomos uns campeóns e campeonas e como premio... un descansiño disfrutando dun vídeo no que aparecían os habitantes das fragas: animaliños que adoitan aparecer á tardiña e que resulta moi difícil ver cos nosos ollos.
E como xa tiñamos fame achegámonos á Xuqueira. Ao rematares apañamos unha morea de castañas pero con moito tino dos ourizos porque... picaban un montón!. Vede nas fotos como os abrimos. Je,je! somos superlist@s.
En resumo, pasámolo estupendamente e aprendimos... moitííííísimo!.  

























No hay comentarios:

Publicar un comentario