ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 17 de enero de 2017

COMO SE FAI O PAN?




Durante o primeiro trimestre, como xa transmitimos nunha entrada anterior, gozamos na aula da presencia de Cintia. Veu para aprender moito de nós desde o seu "cole para aprender a ser profe". Con esta entrada os Pandas e a profe Dámaris, queremos mándarlle un bico superforte a Cintia e dámoslle as grazas polo seu entusiasmo: axudándonos en tódalas actividades, escoitándonos e sobre todo amosándonos un motón de cariño.

Tamén no seu cole lle puxeron deberes para facer connosco e o certo é que partindo do conto que nos trouxo, titulado "Maruxa", foron xurdindo unha serie de actividades coas que aprendimos un montón e o máis importante, de xeito moi divertido.
Aquí tedes un resumo de todo o aprendido e traballado.

O CONTO: "MARUXA".
Amósasenos neste conto, por medio da súa protagonista Maruxa, todo o que necesitamos para a elaboración do pan. Á súa vez "Maruxa" tamén é un conto que amosa a necesidade da corresponsabilidade nas tarefas do fogar. 




Partindo do conto plantexáronse preguntas de comprensión e fixámonos sobre todo no cereal con que se elabora o pan do conto: o trigo. Vimos imaxes deste cereal e en que lugares se produce ademais de aprender que, tamén se utiliza para elaborar macarróns, espaguetes e diferentes masas. Sen embargo poidemos descubrir que aquí en Galicia a súa produción non é moi abondosa, así que, aproveitando que estabamos en outono decidimos coñecer o cereal propio da nosa terra e co que tamén se produce un pan riquísimo: o millo. 

ACTIVIDADE INTERMEDIA.
Aprendemos a pensar poñendo en práctica a rutina de pensamento: vexo, penso, pregúntome, partindo da observación desta foto e... non vexades todo o que se nos ocurríu e como o razonamos. 



Ao final do proxecto descubrimos que aquelo era... pan de millo!.

COÑECIMOS A PLANTA DO MILLO.
A traverso da observación e posterior comparación, na pantalla dixital, das plantas do trigo e do millo chegamos ao descubrimento da verdadeira planta do millo, ao natural. A profe Cintia tróuxonala da súa casa e era... xigante!. Observando e comparando moito vimos que practicamente as dúas plantas tiñan as mesmas partes: raíz, talo, follas, flor e grans pero cada unha coas súas características concretas. Axudounos a esta investigación a destreza de pensamento: compara e contrasta.







 























A MÚSICA!. UNHA MOTIVACIÓN MÁIS.
Xa dispostos a elaborar o noso "pan de millo" escoitamos e cantamos a cantiga de Migallas "Pan de millo". Estupenda! porque nos vai ensinando pasiño a pasiño desde sementar o millo a como se fai... o pan de millo!.


ESFOLLANDO O MILLO.
Na actividade de observación e comparación descubrimos que os grans de millo son moi diferentes aos do trigo e que están moi agochados entre follas pegadiños na mazaroca que está suxeita no talo. Para chegar a eles teríamos que traballar un pouquiño. Pero os Pandas... sempre dispostos!. Mans á mazaroca e a esfollar!.
Ah! pero antes colocaríamonos coma os nosos antergos, reuníndonos en círculo tódolos veciños, no alpendre do que recolleu o millo, para axudarlle a esfollar. Alí contábanse contos e falábase da vida.
























Ao principio custounos un pouco porque... hai que ver que como se "abrazan" as follas á mazaroca pero puxemos toda a nosa forza e aquí tedes a mostra. 
Tamén sentimos que os grans na mazaroca danlle un tacto rugoso e na nosa cara poidemos comprobar o fresquiña que estaba. 

DEBULLANDO A MAZAROCA.
Sacar os grans á mazaroca foi o seguinte e... menudo traballo!. Aínda que a profe nos ensinou como fan os maiores esta tarefa, aproveitando un cañoto xa debullado que se frota contra os grans da nova mazaroca, para as nosas pequerrechas máns eso era imposible. Martín intentouno pero ao final decidimos empurrar co dedo polgar, por ser o máis forte. E... mirade que morea de grans conseguimos. 









































Aquí todo o aproveitaremos: as follas para facer un coxín porque... sabiades que os nosos maiores hai moitos anos facían os colchóns sobre os que durmían enchendoos coas follas de millo?. Eran supercómodos e sobre todo ecolóxicos porque a natureza é sabia e dela, sabendo, aproveitase todo.  Os cañotos para facer de micrófonos dan moito xogo e os grans para facer a nosa sementeira.

TRABALLO EN EQUIPOS: SEMENTANDO E CONSTRUÍNDO UN HÓRREO.
Decidimos facer unha sementeira con algúns dos grans debullados aínda que sabemos que non veremos á nosa planta dar o seu froito porque o millo seméntase nos meses de abril e maio para recollerse en outubro (case cando sementamos). De todos xeitos o proceso gustounos moitísimo e cada día superilusionad@s nos achegamos á nosa maceta para ver o seu progreso.
Poidéchedes ver o moito que medraron cando as levamos para a casa.



Unha vez que se recollen as mazarocas de millo nas leira débense gardar un tempo para que sequen. O mellor lugar para esto son unhas construccións que aínda podemos observar pretiño dalgúnhas casas. Son os hórreos. Alí cólganse polas follas formando unha especie de pirámides invertidas. Como o hórreo ten as paredes de taboas de madeira ou pedras separadas unhas de outras o aire atravesaas e seca o millo. Esta construcción sostense sobre pés de pedra e na parte alta destes hai unha pedra redonda que impide que os ratos poidan entrar no hórreo e comer os grans. Normalmente hai que achegar unha escada á porta do hórreo para subir a el. Así nin os ratos nin os ladróns poden roubar o millo.



HÓRREO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

TOCA MOER... E PENEIRAR!.
Mágoa que non tiveramos un muiño preto do cole para poder moer o millo. Un coma este vímolo no vídeo de Migallas e a súa función xa sabemos que é converter o gran en fariña branca, branca, branca!



Pero como a fariña de millo sae do muíño con algúns restos de casca dos grans, temos que "peneirala". Que será eso?. Pensando, pensando coa rutina de pensamento "Vexo, penso, pregúntome" fomos deducindo que sería este aparello e para que serviría.



E ollade para que nos servíu... porque foi moi divertido.

 

 

 

 

 

 



FACENDO O PAN!.
Ao chegar á clase descubrimos duas caixas xigantes e preguntámonos para que serían. A profe dixo que "desde China como eramos a clase dos Pandas querían coñecer a algún de nós, así que era para meter a un/unha Panda e mandal@ a China". Cambiounos a cara de súpeto, algúns riamos e outros estabamos un pouco preocupados. Certo era que nunha desas caixas cabía a nosa compi Carla. Ja, ja, ja!!! rimos cando a profe a meteu nela pero... axiña volvimos vela saír e por fin... a profe Cíntia e a profe Dámaris nos explicaron para que eran aquelas dúas caixas.
Eran para transportar á panadería os nosos boliños de pan que... iamos facer agora mesmo.
Uf! Vaia bromiña, je, je!!.

Fomos á cociña do cole e alí rotando os grupos de aula fomos elaborando a masa necesaria para facer o pan. Os ingredientes eran:
- Fariña de millo, mesturada con fariña de centeo.
- Lévedo.
- Auga.
- Sal.
A sensación fresquiña da fariña gustounos moito. Facer un volcán no que verter os anaquiños de lévedo foi moi chulo, botar uns graoiños de sal e amasar botando a auga fixo que nos familiarizaramos con esta pasta tan novedosa. As nosas caras falan soas!.
Primeiro fixemos un bolo grande por grupo e despois de esperar un tempo para deixalo levedar, fixemos cada un o noso bolo. Foi unha labor que durou toda unha mañá pero encantounos e aprendimos un montón. 
Para finalizar levamos os bolos ao forno e alí poidemos ver, coa axuda de Patricio e Íria, os panadeiros: unha plancha de tea branca onde puxeron os boliños e, como movendo a tea, os boliños xa quedaban nunha das moitas porteliñas que ten o forno. Tamén nos ensinaron o termómetro que marca a temperatura ideal para cocer o pan. Cunha pá grandísima sácanse os bolos cando están cocidos. Mentres esperábamos ensináronnos varios batedores xigantes para masa e para ovos. 
Agora xa non se pasa tanto traballo amasando coas mans!.
E como todo este proceso require tempo, voltamos ao cole. O certo é que foi "o tempo" o que se nos botou enriba e case que non nos dá tempo a levar o boliño para o xantar. Ao final conseguímolo e levámolo... quentiño!.


O NOSO COXÍN!.
Como dixemos cando esfollamos, conservamos as follas para facer un coxín. A profe Cíntia agasallounos coa decoración deste fermoso coxín coa nosa mascota e nos últimos días do trimestre enchímolo coas follas. Agora poderemos descansar acuruxadiños ao noso coxín ou mesmo cando sintamos un pouquiño de morriña el poderá darnos acougo.















COMO REMATE!
Sirva esta imaxe como final do noso proxecto e como mostra do moito que aprendimos e disfrutamos durante tódalas actividades desenvolvidas.


2 comentarios:

  1. Os pandas aprenderon e traballaron moito con este tema.Una experiencia moi interesante para os nosos peques.moitas grazas Damaris e Cintia por todo este traballo de campo

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti por estar aquí seguíndonos e valorarnos sempre coas túas opinións. Biquiños.

    ResponderEliminar