ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 19 de junio de 2017

EXCURSIÓN A BELELLE!


A pasada semana foi moi ben aproveitada e o martes fomos de excursión de fin de curso co resto dos compis de infantil. Este ano tocou Belelle!. Alí aproveitamos fenomenalmente os catro talleres que nos propuxeron: fixemos pan (aínda que nos niso xa eramos expertos), coñecimos diferentes tipos de animais e démoslle de comer, cabalgamos en pony e aprendimos o seus coidados e sementamos garabanzos (aínda lembrabamos a sementeira de fabas do curso pasado). 

Gozamos moito desta saída e sobre todo de montar a cabalo porque aínda que o pony parecía pequeno para nós era grande de abondo (ata tivemos que usar unha escadiña para subir ao seu lomo).

Este fin de curso está sendo estupendo!!.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow personalized with Smilebox

No hay comentarios:

Publicar un comentario