ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 24 de junio de 2017

GRADUACIÓNS E DESPEDIDA DE CURSO.

Onte celebramos dúas graduacións no noso cole: as dos maiores de infantil, Ciclistas e Xoaniñas e as dos maiores de primaria, 6º curso, que xa marchan para o instituto. (Sempre quedabamos abraiados cando nos viñan ler os xoves e nos dicían que estaban en 6º. Viámolos tan maiores!).
Dixeron que para o próximo curso xa nos toca a nós... tan cedo?. 
Mentres disfrutamos deste fin de curso tan emocionante cos correspondentes actos, cunha parva riquísima e xogando no patio. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario