ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 25 de octubre de 2017

SEGUIMOS APRENDENDO COMO ACTUAR EN CASO DE EMERXENCIA.





Da man de Fran e de Sara, membros do Equipo de Protección Civil de Pontedeume, os Pandas lembramos hoxe cousas super interesantes que xa aprenderamos nas súas visitas anteriores. O certo é que proba delo foi a felicitación de Fran cando observou o ben que sabemos desprazarnos en caso de emerxencia, con tranquilidade, a modiño e en silencio para escoitar as ordes da profe.



Pero na visita de hoxe Fran explicounos o importante que é lembrar un número, o 112 (cento doce) ou 1-1-2 (pero como xa somos os maiores de infantil xa sabemos como se le). Este número debemos marcalo no caso de atoparnos diante dunha emerxencia ou perigo e como non, recordarllo á nosa familia para que tamén eles o marquen. Unha vez marcado unha voz ao outro lado faranos preguntas e nós debemos estar moi tranquilos para poder contestarllas.
Ante todo calma!. Eso axudaranos a actuar correctamente.
















Tamén nos ensinou como facer en caso de atoparnos con alguén que necesita a nosa axuda porque non se encontra ben. Os nosos peluxes servíronnos de moita axuda e un vídeo cunha canción servíunos de guia. Vede senón!.












Agora xa sabemos como comportarnos nunha emerxencia e o máis importante... que tamén nós podemos axudar a quen o necesite. 
Queredes aprender vós tamén mamá e papá?. Pois lembrade esta reportaxe e sigamos a aprender, xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario