ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 25 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Como xa adiantamos nun comentario da anterior entrada e que nos levou a confusión polo uso da cor negra, tamén neste día lembramos algo que nos pon o corazón cheo de escuridade (negra). Referímonos as pelexas, insultos, ameazas, chinchadas... que en ocasións se nos escapan e non permiten que construamos entre todos a felicidade mútua. Pola contra enchen o noso corazón de tristura, negra coma a escuridade.
Coma en moitos coles lembramos hoxe coa cor negra, neste caso dun lápiz que nos aportou o Concello, esa tristura que representan algunhas actitudes que temos cos demais.
Nós sen embargo quixemos tornalas nun corazón vermello rodeado de "luces de cores brillantes" que borren a "escuridade" que representaba a cartolina, tamén debuxamos situacións que nos lembran as boas accións e o amor que debemos amosarnos uns aos outros. Alí pegamos o noso lápiz que pouco a pouco escribirá as palabras máis fermosas que farán deste mundo un mundo felíz.
Esta foi a nosa pequeniña aportación neste día, co desexo de conseguir unha vida en común moito máis felíz para todas e todos.

2 comentarios:

  1. Ojala algún dia todos los corazones sean rojos

    ResponderEliminar
  2. Comparto Rocío. Que demuestren el amor y respeto que todo ser humano se merece.

    ResponderEliminar