ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 28 de noviembre de 2017

MOCHILEIROS VIAXEIROS... COMEZAMOS A VIAXAR!

Lembrades a maleta que apareceu na aula non hai moito?. Pensando en como devolverlla ao seu dono entráronnos moitíííísimas ganas de viaxar. Vede o que significa para nós viaxar e como entre todas e todos imos ir de viaxe desde a nosa aula. Será emocionante!!. Vide a canda nós!!.


Comezamos investigando como é o noso mundo servíndonos do globo terráqueo e observando que na terra hai continentes (parte de terra) e océanos (parte de auga). Tiñamos repartidos 24 países nos 6 continentes e cada un de nós escollimos ao que nos apetecía viaxar.



Para viaxar levaremos unha mochila na que recolleremos, coa axuda da nosa familia, moitos datos sobre o país visitado: curiosidades, monumentos e comidas típicas. Ademais fotografiarémonos no país visitado acompañados coa viseira e a cámara que van na mochila, pegando a foto no album que leva cada unha das dúas mochilas que están preparadas. Cada semana sairán dous Pandas de viaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario