ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 21 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO.



Este curso para festexar o Día do Libro no cole decidimos amosar cal é o noso libro preferido dun xeito moi orixinal. Sosteríamos a portada do mesmo coas nosas más e o noso retrato. 
Na etapa de Educación Infantil decidimos que fose a nosa mascota a que sostivese un libro elixido polo alumnado de cada aula.
Na clase dos Pandas e logo de facer a correspondente votación decatámonos por elixir "Leyendas de super héroes". Moitos de nós coñecemos aos super heroes pero poucos vimos algún libro sobre eles. O noso compi Antón tróuxonos un e a partires del achegámonos aos comics un pouco máis. 
Mirade que molón nos quedou o noso mural ao que... ata lle inventamos unha contraportada de comic discurrida por todos nós!. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario