ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 23 de octubre de 2009

ISTO SI É PROTESTAR E LOITAR POLO BEN DOS NOSOS PICARIÑOS

Como ben sabedes hoxe houbo unha concentración na entrada do centro que logo se ampliou ó interior das dependencias. Deixando constancia do momento estaban diferentes medios de comunicación como tiña que ser e como leva sendo desde o mes de setembro.

Pensamos que actuamos como tiñamos que facelo e cun obxectivo ben claro: QUE HAXA SOLUCIÓNS XA!!!

Hai que darvos as grazas a todos os que, coa vosa presenza, apoiastes esta causa. Eramos moitos e todos con ganas de protestar e amosar a nosa indignación.

Os grandes beneficiados (ou iso esperamos): os nosos picariños, que están a aturar condicións surrealistas, especialmente tendo en conta que se trata dun centro escolar novo.

Agora só queda esperar a que esas solucións veñan cedo e non sigamos DESBORDADOS DE PACIENCIA.




Incluímos a continuación a pegada desta concentración en distintos medios de comunicación:

No hay comentarios:

Publicar un comentario