ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 24 de octubre de 2009

A nosa biblioteca xa está inaugurada. "Benvidos ó Xardín do pasatempo"

O pasado venres 23 de outubro foi un día para recordar. Primeiro, porque foi a data na que a comunidade educativa nos concentramos esixindo melloras nas instalacións do noso centro e solucións ós problemas que estamos a sufrir. Pero tamén, e non menos importante, porque foi a inauguración oficial da biblioteca do cole. A partir de agora chamarase o "Xardín do pasatempo" como unha homenaxe ó poeta eumés Ramiro Fonte.


En días anteriores a este acto, os diversos cursos do cole foron desfilanado polo escenraio para contarnos a vida e obra deste escritor e para lernos algunhas das súas poesías máis famosas. Pero, cousas da vida, 0s elixidos para a inauguración oficial fomos nós: os nenos e nenas de E. Infantil, que recitamos unha poesía (bueno era en realidade unha adiviña que tiñan que resolver os maiores).


A ver se dades vós coa resposta...


Por certo, a nós, os gatiños e as gaivotas, non se nos escoita moi ben no vídeo que incluimos a continuación, pero tamén hai que pensar que foi a nosa primeira actuación e os nervios e tanta xente mirando xogáronnos unha mala pasada... Bueno, non pasa nada, por algo se empeza. De todas formas tamén poñemos a poesía para facilitravos o labor:
Que cousas ten esta cousa
Tan pequena e tan grandiosa
O mesma abre un ferrollo
Que da pechadura o ollo
Unha caixa musical
A porta da catedral.



Que é??? Si, claro, A CHAVE!!!


Logo da nosa actuación falou o bibliotecario da vila, Alejandro Caínzos, que nos dixo unhas palabras tan bonitas, que temos tamén que colgalas.


Esperamos que vos guste... Ata a próxima!!!


(Bueno, creo que non se vai escoitar moi ben... estes vídeos son un pousco rudimentarios... peor é do que dispoñemos...)

Ah!!!, xa nos esqueciamos, este momento, debido á súa importancia, tamén foi recollido nos medios de comunicación. Home!!! Non imos aparecer só coas nosas desgrazas, non credes??? No noso cole tamén suceden moitas cousas que merecen ser recordadas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario