ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 29 de octubre de 2009

OS MAIORES CÓNTANNOS CONTOS...QUEREDES VIR VÓS TAMÉN???




Desde hai un tempo, os nenos e nenas maiores os xoves veñen ás clases de E. Infantil a contarnos un conto que eles elixen, preparan e logo nos contan. É unha actividade moi bonita e estamos todos ven atentos. Cando rematan falamos do que pasou no conto, se nos gustou... e ensinámoslles ós maiores como facemos un foguete como final do conto.
Se queredes tamén podedes animarvos a vir ó cole e contarnos un conto que vos guste moito. Sería unha experiencia moi enriquecedora. Se ó final vos decidides a vir, falade primeiro coas mestras para concretar a data e a hora. Esperámosvos!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario