29 de Outubro: A FESTA DO SAMAÍN
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. A noite do 31 de outubro comezaba o novo ano celta e a súa festa en honor dos defuntos. Nesta noite, este pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, preparaba alimentos e agasallos para os parentes mortos. Poñían unhas velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces dos camiños e nos arredores co obxecto de arrepiaren aos inimigos e para esconxurar os perigos desta celebración. Posteriormente baleirábanse nabos de grande tamaño para porlle dentro candeas. Varios séculos despois, esta tradición foi espallada aos Estados Unidos polo mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas. Foi aquí onde se empezaron a utilizar as cabazas e desde onde se deu a coñecer a todo o mundo a festa de “Halloween” que, en realidade, arranca das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas dos pobos celtas.
Nesta semana (26-30 de outubro) traballamos nos distintos cursos unhas unidades didácticas que fan referencia ao Samaín. Fixéronse exposicións de traballos polos corredores do colexio e culminamos cunha exposición de cabazas talladas, que os nenos trouxeron feitas da casa.
Nesta semana (26-30 de outubro) traballamos nos distintos cursos unhas unidades didácticas que fan referencia ao Samaín. Fixéronse exposicións de traballos polos corredores do colexio e culminamos cunha exposición de cabazas talladas, que os nenos trouxeron feitas da casa.
Prestade atención a estas fotos nas que recollemos algunhas desas experiencias...
30 de Outubro: O MAGOSTO
Coa chegada do outono dan comezo unha serie de festas e celebracións con moita tradición en Galicia. Dende o colexio queremos ser transmisores desa tradición, incluindo unha serie de contidos que se traballarán dende as distintas materias en todos os cursos e culminarán na celebración propiamente dita. Vós, como familia, tendes unha parte moi importante dese contidos polo que solicitamos a vosa colaboración e invitámosvos a participar con nós destas festas.
No mes de novembro, a castaña recupera a importancia que a pataca e o millo lle arrebataran nas lareiras galegas. O magosto é a festa da exaltación da mesma, que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. É o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinoccio.
Entre o 1 e o 11 de novembro (Todos os Santos e San Martiño) o aire das frías noites levou sempre en Galicia o recendo de castañas asadas, que mentras é cociñada convida a compartir con amigos e familiares as horas nocturnas. Ao rito que acompaña a noite non lle fata nada: festa de mozos e mozas, eles traen o viño tinto novo – o primeiro da colleita do ano- mentras elas xuntan os froitos. Os nenos non faltarán ao seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tiznaránse as caras uns aos outros. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de pan con chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo unha noite especial.
Este ano o noso Magosto foi especial, xa que tivemos convidados: o alumnado e os mestres e mestras do CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).
Algunhas das actividades para o Magosto que Os gatiños e As gaivotas fixemos recollémolas nestas fotos:
E tamén practicamos bailes para despois ensinarllos ós nosos amigos e amigas de A Capela!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario