En primeiro lugar, e con mil desculpas por diante polo esquecemento, temos que presentarvos á mascota da biblioteca do cole: o pingüín Güino.
Para animarnos a facerlle unha visita, un día apareceron unhas pegadas del que nos dirixían cara a súa casa-biblioteca: O Xardín do pasatempo. E ata alí fomos...
E como nos gustou tanto este novo espazo do cole, a semana pasada os gatiños comezamos co empréstamo de libros (as gaivotas farano en breves trala reincorporación da profe Dámaris). Con este servizo buscamos fomentar o gusto pola lectura entre os/as pequerrechos/as e tamén involucrarvos a vós (as familias) neste obxectivo.
Paralelamente, irá viaxando cada dous días un caderno (hai un para cada aula ) co que buscamos facer unha recolleita de refráns de outono. Esperamos que vos guste esta idea e participedes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario