ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 31 de enero de 2010

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Este venres conmemoramos no cole o Día da Paz ( que en realidade é o 30 pero coincidía en sábado). Durante toda a semana estivemos a traballar no tema falando do siginificado da palabra paz, o símbolo da pomba da paz, compuxemos unha canción da paz e fixemos unhas coroas para esta festa.


Chegado o venres, todos os nenos e nenas cos seus/súas profes, fomos para a entrada do cole e alí escoitamos un manifesto que redactaron os alumnos de 6º e despois escoitamos o "Himno de la Alegría" de man dos nenos maiores. Ó rematar, e aproveitando que a chuvia deunos un momento, soltáronse unhas pombas para finalmente cantar e bailar todos os nenos do cole xuntos a canción que compuxemos días a trás.


De todo isto, dan fe estas fotos!!! Como non puidemos sacar fotos da canción do patio ( a ver se as conseguimos por outras vías) aquí vai tamén un vídeo dos Gatiños cantando a canción.


Esperamos que vos gusten!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario