ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 7 de febrero de 2010

UNHA VISITA MOI AGRADABLE!

Este venres Celia trouxo á clase dos Gatiños as súas tartarugas chamadas "Tortuguinas". Foi unha visita do máis agradable e sobre todo divertida. Ademais serviunos para aprender moitas cousas qe Celia nos foi contando, por exemplo que comen, cando se lles hai que cambiar a auga, díxonos que ía levalas ó seu médico que se chama "veterinario"... En fin..., que falamos de todo un pouco para logo observalas ben de cerca e así ver as súas patas, a coliña, tocamos a cuncha e fixemos unha carreira de tartarugas. Pero claro está, todos ben caladiños porque se non se asustaban e escondían a cabeza!!! Estas fotos dan fe de todo isto.
Moitas grazas Celia por traernos as túas tartarugas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario