Esta semana estivemos a celebrar no cole o Entroido. Da man dos mandadiños do esqueleto Manolo, cada día fomos engadindo un elemento para o xoves rematar disfrazados. Como fin de festa, o xoves fixemos unha festa na que comemos orellas, torradas, freixós, filloas... que estaban para chuparse os dedos!!! E logo, para baixar a papancha, rematamos cun pouquiño de baile!!!
O venres, como ben sabedes, saímos do cole vstiddos de góticos e góticas para facer un desfile polas rúas da nosa vila e cantamos a canción que compuxemos para a festa.
O resultado aquí o tedes nestas fotiños, quelles dedicamosás familias agradecendo a súa colaboración!!!
Moitas grazas dos Gatiños e das Gaivotas e esperamos que vos gusten!!!
Ola pequerrechos!. Xa vin as vosas fotos de Entroido e que guapos estades... As/os nais/pais traballaron moito e tamén as profes para que vexamos os resultados tan bos. E que tal estabas as orellas?. Supoño que riquísimas, só con mirar a cariña de ledicia que tiñades...
ResponderEliminarDesde Ferrol un biquiño para todos/as e as profes.
Moitas grazas Taty, a verdade é que si que iamos ben guapos e o máis importante, que o pasamos moi ben aínda que a viaxe de volta co cansos que estabamos xa non foi igual que a da ida...
ResponderEliminarAs orellas estaban boísimas e despois da caminata entraban de marabilla!!!
Un bico dos Gatiños, das Gaivotas e das súas profes.