ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 25 de marzo de 2010

ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO NA CLASE DOS GATIÑOS

Vaia, vaia, vaia... Pois hoxe tamén tivemos día movidiño como poderedes ver. Tocou festa e sesión de monicreques, con granizada polo medio...
Para a festa de aniversarios do mes de marzo, os homenaxeados (Brais, Antía e Raquel) fixeron as súas coroas con moitísma creatividade, para que negalo. Logo, pasamos ó menú, que para ir ó seguro volveu selo de sempre: sobaos con nocilla e osiños. E que están tan bos...!!!!
Despois seguimos coa tradición: cantamos cumpreanos feliz, sopraron as velas, un biquiño de parabéns e... a comer!!!
Parabéns Gatiño e Gatiñas e a... cumprir moitos máis!!!
(e sempre con esa ledicia que tedes pequerrechos!)


No hay comentarios:

Publicar un comentario